Iberport Frigorificos en Conxemar 2022.
Canto che debemos CONXEMAR . Proxección, oportunidade de negocio, interacción, internacionalización do mar de Galicia e un longo etcétera.
Esta edición tamén es plataforma e altofalante do non de Galicia ao veto arbitrario da Comisión Europea á pesca de fondo en preto dun cento de zonas en augas europeas.
Un escaparate internacional que nos axuda a ensinar ao mundo o potencial do noso sector marítimo-pesqueiro, seriamente ameazado por decisións coma esta.
Hoxe puiden palpar as sensacións das empresas e entidades galegas do sector e trasladarlles o apoio da Xunta de Galicia nesta vixésimo terceira edición da feira.